X

AUTORIZACIÓNS DE PUNTOS DE VENDA CON RECARGA

Taxa 598

 

Para efectuar o pago da taxa para a autorización de Puntos de Venda con recarga, siga os seguintes pasos:

  1. Descargue o modelo.
  2. Lea as instrucións que hai ao final do modelo
  3. Complete electrónicamente o formulario. Non se admitirán documentos cubertos a man nin fotocopias.
  4. Imprima todas as páxinas, cada unha delas por unha soa cara.
  5. O Expendedor de Subministración debe asinar todos os exemplares.
  6. O solicitante (titular do establecemento) debe asinar tamén todos os exemplares no apartado suxeito pasivo.
  7. Acuda á entidade bancaria co modelo impreso completo e asinado, e efectúe o pago.
    1. Consulte as entidades para realizar o pago con cargo en conta.
    2. Consulte as entidades para realizar o pago con cartón.
  8. Unha vez efectuado o pago, a entidade bancaria conservará un exemplar e entregaralle os outros 3 exemplares: un exemplar para o Solicitante, un exemplar para o Expendedor de Subministración e un exemplar para o Comisionado para o Mercado de Tabacos:
    1. Exemplar para o Comisionado para o Mercado de Tabacos: unha vez selado polo banco, envíenolo segundo o apartado seguinte.
    2. Exemplar para o Expendedor: entrégueo ao Expendedor.
    3. Exemplar para o Solicitante: unha vez selado polo banco, consérveo como xustificante de pago.
  9. No caso de quioscos o tendas de conveniencia, achegar o seguinte:
    1. Quiosco: título administrativo que habilite a ocupación do dominio público municipal.
    2. Tenda de conveniencia non situada en estación de servizo: certificación acreditativa expedida pola autoridade competente en materia de comercio.
  10. Envíenos o exemplar do Comisionado para o Mercado de Tabacos acompañado da documentación correspondente no caso de quioscos ou tendas de conveniencia, a través dalgún dos seguintes medios:
    1. Procedemento electrónico de PVR.
    2. Oficinas de Rexistro de calquera Administración.
    3. Correo postal, ao Comisionado para o Mercado de Tabacos, Paseo da Habana, 140, 28070, Madrid.
  11. Unha vez autorizado, notificaráselle de forma electrónica en Cartafol Cidadán ou no seu domicilio por correo postal.

Se ten algunha dúbida, contacte co teléfono 917 45 75 45 ou escriba a info@cmtabacos.hacienda.gob.es.